Chega ás tendas españolas o agardado Grand Theft Auto IV
martes, 29 de abril do 2008
Hoxe chegou ás tendas españolas o agardado Grand Theft Auto IV, que está xa
dispoñible para as consolas Xbox 360 e PlayStation 3, e segundo a crÃtica
especializada xa
se pode considerar unha obra mestra, obtendo a puntuación máxima que outorgan
dende IGN, 1UP, EuroGamer, GameSpy, G4 TV, GameSpot e outros medios, polo que parece que o novo tÃtulo de
Rockstar está a cumprir coas expectativas.
Curiosamente as
crÃticas negativas por parte de polÃticos, asociacións e individuos contrarios
á violencia nos videoxogos se están a realizar sen probar o xogo, pois se
opoñen a que os cativos poidan achegarse a xogos non recomendados a menores de
idade, aÃnda que resulta difÃcil de entender por qué esta reacción se esaxera
tanto nos videoxogos e non se fai o mesmo co cine ou a televisión.
- Unha das moitas colas que fixeron a pasada noite para adquirir o GTA IV
Pero as crÃticas non están freando as vendas, e a pasada noite centos de
persoas acudiron a tendas de todo o mundo para poder ser os primeiros en adquirir
o xogo da polémica, do que estiman chegar aos 9
millóns de unidades vendidas só no lanzamento, xa que moitos seguidores da
saga de GTA tiñas reservado o xogo,
polo que se sabÃa do seu éxito antes de que chegase aos estantes das tendas.
Precisamente esta inquedanza por parte dos xogadores máis activos fixo que UPS
tivese que despedir
a 3 traballadores aos que pillaron roubando copias do xogo das súas caixas,
ou sexa, que o violento xogo «provocarÃa a delincuencia», que neste caso resulta anecdótico pois os implicados non subtraÃan copias
para a súa venda, senón que se facÃan só cunha copia, o que indicarÃa que
buscaban o uso persoal do xogo, para adiantarse ao resto de xogadores en gozar
do xogo do ano.