Chega ás tendas Street Fighter V
martes, 16 de febreiro do 2016
Tras bastantes meses de espera e varias fases de proba con
grande participación, chega
hoxe a PlayStation 4 e a
PC o agardado xogo Street Fighter V co que Capcom
inicia unha nova xeración de xogos de loita que vai dar moito de si no
vindeiros meses, xa que suporá un importante cambio con respecto das anteriores
entregas, xa que contará con xogo cruzado entre das distintas plataformas e non
terá versións anuais que se vendan
por separado (segregando aos xogadores) senón que recibirá actualizacións
constantes.
O xogo achega uns gráficos espectaculares e cun nivel de detalle sen
precedente, ofrecendo diversión para loitadores experimentados e para
principiantes, permitindo tamén desafiar aos amigos en liña ou competir no
Capcom Pro Tour que deixa claro que os torneos de xogos de loita máis
importantes son sempre os desta franquÃa.
Este lanzamento ofrece por fin a oportunidade de xogar a Street Fighter V nos seus distintos modos, pero podemos considerar
que non estamos ante o xogo completo, xa que para garantir a calidade do
produto final Capcom decidiu que a historia cinemática deste tÃtulo non chegue
até o mes de xuño, cando se estreará como actualización de balde.
O xogo non estará libre de contidos adicionais de pagamento, pero para evitar
as habituais crÃticas a Capcom por abusar dos contidos descargables, desta
volta non será obrigado pagar con cartos por este material, senón que tamén
poderá facerse coa moeda virtual do propio xogo (aÃnda que os xogadores que non
queiran agardar a atesourar os cartos electrónicos suficientes sempre poden
pasar por caixa con cartos reais).
- O cadro inicial de loitadores de Street Fighter V irase ampliando progresivamente mediante contidos descargables
- Con este lanzamento inicia unha nova xeración de xogos de loita a nivel competitivo
Tráiler cinemático do xogo