Chega ás consolas de videoxogos un novo Trivial Pursuit

martes, 17 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

Tras a chegade de xogos coma o Monopoly e o RISK, finalmente está dispoñible por 14,99 euros o Trival Pursuit Live! Para Xbox One e Xbox 360, a versión máis actual do xogo de cultura xeral máis coñecido do mundo, que para o seu goce en consolas de videoxogos fuxe de imitar unha partida a un xogo de mesa para presentarse como se fose un concurso televisivo.
O xogo presenta unha aparencia moderna, conta con novas probas e goza dunha boa selección de preguntas de cultura xeral, buscando ser divertido e accesible grazas a diferentes niveis de dificultade e quendas de recuperación, facendo que a experiencia de botar un Trivial sexa máis divertida que nuncan.
Permite competir a entre 1 e 4 xogadores en local ou entre 2 e 4 xogadores en liña, e mañá mesmo estará tamén dispoñible para PlayStation 3 e PlayStation 4, destacando o feito de que a versión para PS3 terá un prezo de só 9,99 euros.

O xogo adopta a aparencia dun concurso televisivo

PUBLICIDADE