Chega a España o xogo inspirado na serie de televisión Perdidos
mércores, 5 de marzo do 2008
A serie de televisión de Perdidos chega
finalmente ás tendas españolas nas súas versións
para PC, PlayStation 3 e Xbox 360, recreando as aventuras dun grupo de
supervivintes a un accidente aéreo nunha illa do PacÃfico, pero contando cun
novo personaxe, o reporteiro gráfico Elliott Maslow, do que tomaremos o control
e que padece amnesia, de xeito que durante o transcurso do xogo iremos
descubrindo detalles do seu pasado á vez que desvela segredos da misteriosa
illa na que están perdidos.
O xogo terá unha trama con xiros que lembrarán á serie de televisión na que está
inspirado, e tamén terán especial relevancia os protagonistas da mesma, que
contarán cos mesmos actores de dobraxe, o que sen dúbida agradecerán os
seguidores da serie en España.
Trailer do xogo