Chega a España o Lumia 530 a un prezo de 99 euros
martes, 2 de setembro do 2014- O novo smartphone busca conectar coa xente moza coas súas cores rechamantes
Para pór ao alcance do grande público de Windows Phone 8.1,
Microsoft achega finalmente ao mercado español o atractivo Lumia 530, un
smartphone de entrada que destaca polo seu prezo de só 99 euros, que busca
coller o relevo de super-vendas Lumia 520, reducindo aÃnda máis o seu prezo,
colocando por primeira vez á familia Lumia baixo a barreira dos 100 euros.
O Lumia 530 conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 200 de catro núcleos a 1,2
GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento ampliable mediante tarxetas microSD
de até 128 Gb, cámara traseira de 5 MpÃxeles, pantalla de 4 polgadas cunha
resolución de 854 x 480 pÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, baterÃa de 1.430 mAh,
un grosor de 11,7 milÃmetros e un peso de 129 gramos, que está dispoñible con
carcasas en catro cores distintas (laranxa, verde, branca e gris escuro).
Temos asà un produto moi atractivo grazas ás súas cores rechamantes
(especialmente o verde brillante e o laranxa vibrante), que goza dun
procesador de catro núcleos para poder tirar proveito das posibilidades da última
versión de Windows Phone, tamén goza das principais ferramentas de mensaxerÃa
instantánea (WhatsApp, LINE, Telegram, Viber e Skype), inclúe 15 Gb de
almacenamento de balde en OneDrive e facilita o acceso a servizos como MixRadio
e HERE Maps.
VÃdeo promocional do Lumia 530