Chega a España a secuela de Sin and Punishment

venres, 7 de maio do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios da Nintendo 64 puideron gozar no seu día dun excelente xogo de acción chamado Sin and Punishment que permitía ao xogador meterse na pel dun mozo que tiña que loitar contra unha horda de monstros bioxenéticos e militares corruptos para salvar a Terra, enfrontándose a estas ameazas por terra, mar e aire, recollendo bonificacións de tempo, puntuación e enerxía, que grazas á Consola Virtual tamén pode lembrarse na Wii por un prezo de 1.200 puntos.
O bo sabor de boca que deixou este título provocou a preparación dunha secuela, que chegou hoxe ás tendas españolas. Falamos de Sin and Punishment: Successor of the Skies, que achega á Wii un auténtico festival de tiros de estilo arcade, nun mundo de ciencia ficción espectacular no que podemos loitar en solitario ou coa colaboración dun amigo.


Imaxes do xogo en plena acción

PUBLICIDADE