Chega a España a funda con teclado e lector de pegadas para Surface Pro

xoves, 3 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Coa chegada de Windows 10 a seguridade pasou a ser un elemento esencial do sistema operativo de Microsoft, con tecnoloxía como Windows Hello, que permite que os usuarios se identifiquen ante o seu equipo mediante distintas solucións de recoñecemento biométrico baseadas en cámaras ou sensores, e para facilitar o seu uso nos equipos estrela de Microsoft, as tabletas Surface Pro 3 e 4, na tenda en liña de Microsoft incorporan agora unha nova versión da funda-teclado para estes dispositivos que integra lector de pegadas dixitais.
Deste xeito por fin está dispoñible a funda con teclado para Surface Pro 4 con lector de pegada a un prezo de 179,99 euros (que tamén é compatible con Surface Pro 3) que comezará a enviarse a quen a reserve o vindeiro día 15. Este accesorio converte as tabletas Surface Pro en ordenadores portátiles completos, ao engadirlles un teclado de calidade e un amplo touchpad, e na súa nova versión tamén facilitan o dicir adeus aos contrasinais, xa que estes poden almacenarse no dispositivo, para poder desbloquear o acceso a aplicacións e servizos coa nosa pegada dixital. A funda tamén protexe a pantalla da Surface Pro durante os seus desprazamentos.

Incorporando a funda-teclado convértese á Surface Pro 3/4 nun dos equipos máis versátiles do mercado

PUBLICIDADE