Casio quere que os seus móbiles sincronicen a hora por Bluetooth

luns, 28 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O Bluetooth 4.0 conta entre as súas novas características unha funcionalidade de comunicacións de baixo consumo e corto alcance chamada BLE que Casio quere aproveitar nos seus reloxos de pulso, concretamente da marca G-SHOCK (resistentes aos golpes), que aproveitarán a comunicación cos smartphones para sincronizar a súa hora, de xeito que aproveitarán as funcións dos terminais móbiles para axustar a hora ao moverse entre distintos usos horarios ou durante os cambios entre o horario de verán e o de inverno (como a pasada fin de semana) de xeito que poderemos levar un reloxo que estea sempre en hora.
Casio pretende comercializar estes novos reloxos antes de rematar o presente ano, en un principio deberían poder conectarse a calquera dispositivo compatible co estándar BLE, que ao ser de baixo consumo, permitiría que a pila de botón do reloxo durase aproximadamente 2 anos.

PUBLICIDADE