Casio presenta unha cámara de ollo de peixe con obxectivo extraÃble
luns, 8 de agosto do 2016
A utilidade das cámaras de 360 graos aÃnda é bastante
discutible, principalmente para uso persoal, onde non parece ter interese que
se rexistre en fotografÃas ou vÃdeo o que acontece detrás do usuario, de aà que
teñan máis sentido solucións como a nova Casio EX-FR200, que sairá
á venda no Xapón a mediados de setembro, e que consiste nunha cámara de ollo de
peixe que permite
disparar panorámicas de 360 gramos ou tomar imaxes de ultra grande angular,
e que sorprende cun formato no que o corpo e o obxectivo poden separarse, de
xeito que se mercamos un segundo obxectivo por separado e o colocamos xunto ao
outro obxectivo (enfocando a direccións opostas) podemos converter a cámara de
180 graos nunha cámara de 360 graos (algo que claramente só se empregarÃa en
condicións moi concretas), aÃnda que moitos usuarios preferirán aproveitar a
dobre cámara para facer dúas gravacións simultáneas e asà poder ter dous puntos
de vista da mesma acción.
O bo destas cámaras é que están pensadas como cámaras deportivas, tendo unha
construción moi resistente (rexiste auga, xeadas e caÃdas) e contan con
conectividade Wi-Fi e Bluetooth 2.1. Poden traballar en modo de 180 graos xerando
imaxes de 3.888 x 3.888 pÃxeles ou en modo panorámica de 360 graos a 7.456 x
1.864 pÃxeles, cunha cámara soa, e logo tamén está a posibilidade de traballar
con dúas cámaras á vez, que resulta moi atractiva.
- A cámara funciona cun corpo central e un obxectivo extraÃble que pode manexarse sen fÃos