Carmageddon estrea versión para Android

venres, 10 de maio do 2013 Marcus Fernández

Hai 15 anos o xogo para PC Carmageddon provocou numerosas polémicas por todo o mundo ao ser un título de carreiras de automóbil que, aparte de permitir superar as distintas fases gañando a competición superando aos rivais en velocidade, tamén permitía a opción de destruír aos demais coches ou matar aos peóns, premiándose o volume e a creatividade das mortes, e en outubro volveu a pórse de actualidade ao estrear versión para iOS grazas a un proxecto de micro-mecenado que xuntou 625.143 dólares que tamén facilitou que esta semana o xogo vese a luz para móbiles e tablets con Android, chegando nunha versión promocional de balde (dispoñible por tempo limitado) pasando logo a estar dispoñible á venda por 1,79 euros.
O xogo de carreiras violentas conta con múltiples métodos de control (dixital, analóxico ou mediante a inclinación do dispositivo) personalizables, 28 opoñentes, 11 escenarios, 36 niveis no modo carreira, 30 coches desbloqueables, sistema de repetición e, en definitiva, unha réplica moi completa do xogo orixinal que no seu día chegara ao ordenador.


Trailer de Carmageddon para Android

PUBLICIDADE