Carmageddon: Max Damage chegará este ano a Xbox One e PS4
luns, 22 de febreiro do 2016
Os fanáticos dos xogos de Carmageddon que boten en falta a franquÃa nas consolas de nova
xeración poden sorrir ao saber que Stainless Games anunciou que Carmageddon: Max Damage
está a ultimar o seu lanzamento para Xbox One e PlayStation 4, de xeito que o
xogo estará dispoñible a mediados deste mesmo ano.
Esta nova entrega de Carmageddon
contará con máis coche que nunca, máis espazos e máis peóns, permitindo gozar
da experiencia de atravesar Bleak City acabando cos nosos opoñentes tanto en
local (na liña do xogo clásico) como en liña (nun modo no que un dos xogadores
será elixido para ser perseguido e cazado).
Carmageddon: Max Damage tamén contará
con repeticións (para o que podemos colocar cámaras para ver as desfeitas dende
cada ángulo) e potenciadores para facer
que a carreira mortal sexa tan divertida como sempre para os incondicionais deste
curioso tipo de xogo no que reina o caos e a violencia sen sentido.
Tráiler de presentación de Carmageddon: Max Damage