Carcasa USB 3.0 para unidades de 2,5 polgadas

luns, 11 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Para poder utilizar externamente discos duros ou unidades SSD de 2,5 polgadas é posible adquirir por uns 25 euros o SilverStone TS04, unha carcasa que pode acoller no seu interior un disco SATA e convertelo nunha unidade de memoria USB 3.0 cunha velocidade de transferencia máxima de 5 Gbps conservando a compatibilidade con USB 2.0 (aínda que en tal caso a velocidade caería a 480 Mbps).
Esta carcasa mide 136 x 84,5 x 16,3 milímetros, pesa 60 gramos, é compatible con Windows XP/Vista/7, Mac OS e Linux e o seu exterior é de plastico/alumino en cor negra. Unha excelente opción para que precisa de altas velocidades de transferencia e versatilidade nun dispositivo externo.

PUBLICIDADE