Capcom prepara versión móbil de Puzzle Fighter
xoves, 31 de agosto do 2017
A mediados dos anos 90, en plena febre dos xogos de loita
nos salóns recreativos, dende Capcom quixeron aproveitar o pulo de Street Fighter II para estrear Super Puzzle Fighter II Turbo, un xogo
no que presentan versións caracterizadas dos loitadores do xogo orixinal (xunto
con algún de Darkstalkers) para
enfrontalos, pero non mediante mecánicas de xogo de loita, senón competindo nun
xogo de bloques descendentes na liña do célebre Columns de SEGA.
Este xogo foise adaptando a distintas plataformas ao longo do tempo (de xeito
que incluso puidemos gozalo en Xbox 360 e PlayStation 3 nun remake que o adaptou á alta definición)
e agora confirman que vai contar cunha versión totalmente nova, Puzzle
Fighter, tÃtulo que a finais de ano chegará a iOS e Android cunha
aparencia modernizada. Poderá descargarse de balde e o seu lanzamento non será
global, senón paulatino, para ir adaptando os servidores para que a súa
funcionalidade de xogo en liña corra de xeito solvente.
Puzzle Fighter contará cun cadro de
loitadores moi interesante, dos que están confirmados Ryu, Ken e Chun-Li (de Street Fighter), X (de Mega Man), Morrigan (de Darkstalkers) e Frank West (de Dead
Rising) aos que sumaranse máis personaxes. O usuario elixirá un loitador
principal e poderá escoller outros dous de axuda e, como vén a ser costume
neste tipo de xogos competitivos, será doado xogar, pero terá a suficiente
profundidade para poder resultar desafiante e altamente aditivo, podendo
optarse tanto ao xogo para un xogador como a combates en tempo real que serán
claramente o punto forte deste tÃtulo que contará con moito contido
desbloqueable (como era de esperar para unha aplicación que poderá descargarse
de balde, pero integrará compras).
VÃdeo de adianto de Puzzle Fighter