Capcom prepara Street Fighter V para PS4 e PC

venres, 5 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Os seareiros dos xogos de loita, e especialmente os máis afeccionados ás competicións, están realmente entusiasmados ante a filtración do primeiro vídeo promocional de Street Fighter V, título que parece unha clara evolución do Street Fighter IV, pero mellorado para a nova xeración de consolas de videoxogos, aínda que cun detalle que posiblemente moleste a moitos xogadores, xa que este novo título non estaría dispoñible para Xbox One, xa que sería exclusivo para PlayStation 4 e PC (aínda que non sería de sorprende que estivésemos só ante unha exclusiva temporal).
A última entrega desta franquía foi o Ultra Street Fighter IV que saíu o pasado verán para Xbox 360, PS3 e PC, e aínda que se rumoreaba que Street Fighter V non vería a luz até 2018, parece posible que en breve se adiante unha posible data de lanzamento moi máis próxima, non resultando sorprendente que poidan fixar a saída do xogo no ano que vén, para facilitar o xogo competitivo en PS4.

O pouco que se pode ver do xogo dá a entender que é unha versión actualizada graficamente de Street Fighter IV

PUBLICIDADE