Capcom podería estar a ultimar a secuela de Resident Evil: Revelations

mércores, 20 de agosto do 2014 Marcus Fernández

O xogo Resident Evil: Revelations para Nintendo 3DS foi considerado como a resposta de Capcom aos usuarios que pedían o retorno da franquía terrorífica ao xénero do survival horror, sendo moi ben acollido, o que levou a que meses despois lanzasen unha remasterización do xogo para sistemas domésticos, que parece ter callado, xa que, se atendemos a unha filtración accidental en Xbox.com a secuela do xogo sería inminente.
Na páxina web da Xbox amosaría o que sería a portada de Resident Evil: Revelations 2 para Xbox 360, así como unha captura de pantalla do xogo, e pese a que o xogo aínda non foi anunciado por Capcom, todo apunta a que o seu lanzamento confirmaríase a mediados do mes de setembro durante a celebración do Tokyo Game Show.

Captura de pantalla filtrada do que sería Resident Evil: Revelations 2

PUBLICIDADE