Canon presenta unha cámara de cine capaz de gravar á vez en vertical e horizontal
martes, 9 de setembro do 2025
Canon reforza a súa aposta polo cine dixital cun novo modelo de cámara que combina potencia e versatilidade nun corpo compacto, a EOS C50, a cámara máis pequena da súa gama Cinema EOS, pensada para profesionais da gravación e equipos de produción que buscan un dispositivo lixeiro, flexible e capaz de adaptarse a rodaxes de moi distinta escala.
O corazón da C50 é un sensor CMOS full frame de 7K acompañado do procesador DIGIC DV 7, que permite gravación interna en RAW ata 7K a 60p, asà como vÃdeo en cámara lenta en 4K a 120p ou en 2K a 180p. Ademais, ofrece fotografÃas de 32 MpÃxeles, consolidándose como unha auténtica cámara hÃbrida para vÃdeo e imaxe fixa.
Un dos aspectos máis destacados é a incorporación do chamado open gate recording, que emprega a totalidade do sensor no novo modo 3:2. Este sistema proporciona unha imaxe máis ampla e garante maior liberdade en posprodución, xa sexa para crear formatos horizontais, verticais ou reframings sen perda de calidade. En combinación con obxectivos anamórficos, a cámara ofrece unha estética cinematográfica inmersiva. Para producións con prazos axustados, Canon engadiu a función Simultaneous Crop Recording, coa que é posible xerar ao mesmo tempo unha versión panorámica e outra recortada en vertical ou cadrada, adaptada a redes sociais ou publicidade.
A aposta hÃbrida reflÃctese tamén na interface: cando se usa en modo vÃdeo mantén a experiencia Cinema EOS, mentres que en fotografÃa adopta o sistema clásico das cámaras EOS R. O enfoque automático Dual Pixel CMOS AF II detecta e segue con precisión persoas e animais, mesmo permitindo seleccionar que ollo priorizar.
No deseño, a C50 aposta pola modularidade. O corpo, lineal e de perfil baixo, integra múltiples puntos de ancoraxe para accesorios e pode montarse tanto en horizontal coma en vertical, coa interface adaptándose automaticamente á orientación. O asa extraÃble achega comodidade e control, con entradas de audio XLR, botón de gravación e zoom rocker para un manexo áxil en rodaxes rápidas.
En materia de compatibilidade, ademais dos obxectivos RF nativos, admite o uso de obxectivos EF ou PL mediante adaptadores especÃficos. E no apartado da conectividade, a cámara incorpora entradas profesionais, dobre ranura para tarxetas CFexpress e SD, saÃda HDMI tipo A, USB-C, soporte UVC/UAC para retransmisións en directo (como se fose unha cámara web), capacidade de realizar emisións en streaming en Full HD ata 60 imaxes por segundo e compatibilidade con Frame.io para traballos en nube, grazas á colaboración con Adobe.
Esta impresionante cámara chegará en novembro ao mercado europeo a un prezo de saÃda de 3.865 euros.
VÃdeo promocional da Canon EOS C50
