Canon mellora a velocidade da súa cámara sen espello

martes, 3 de decembro do 2013 Marcus Fernández

A Canon EOS M chegou o ano pasado como a primeira cámara sen espello de Canon con obxectivos intercambiables, e agora chegou a hora de revisala, chegando a Canon EOS M2, que sairá á venda en poucas semanas e que como principal mellora goza dunha velocidade de enfoque automático 2,3 veces superior á do modelo orixinal.
A cámara continúa a empregar o mesmo sensor APS-C, aínda que tamén contará con novidades de agradecer, como o feito de que conte con conectividade Wi-Fi, facilitando a transferencia dos contidos capturados sen precisar de cables. O corpo da EOS M2 mide 104,9 x 65,2 x 31,6 milímetros e pesa 238 gramos. Venderase a finais de mes a un prezo de 84.800 iens (609,40 euros) cun obxectivo ou a 64.800 iens (465,68 euros) só o corpo.

PUBLICIDADE