Candy Crush Saga superou os 500 millóns de descargas

venres, 15 de novembro do 2013 Marcus Fernández

King está a celebrar o primeiro aniversario do xogo Candy Crush Saga, que nestes últimos meses converteuse nun dos meirande éxitos de todos os tempos, con máis de 500 millóns de instalacións en dispositivos móbiles e Facebook, o que conseguiron cunha mecánica tan sinxela como ter que combinar en liña 3 ou máis doces iguais nun taboleiro para facelos desaparecer (mecánica presente en moitos dos xogos derivados do clásico Tetris e á que dende King souberon tirar proveito para crear un xogo moi aditivo).
Para celebrar o aniversario de Candy Crush Saga o xogo actualizarase nas vindeiras semanas con múltiples novidades, aproveitando King a ocasión para dar conta dalgúns datos sobre este grande éxito que superou os 150.000 millóns de partidas ata hoxe, 1 de cada 23 usuarios de Facebook é seareiro de Candy Crush Saga, o día preferido para xogar a este título é os domingos (e a hora, de 6 a 9 da tarde), o nivel no que se atascan máis usuarios (e celebran cando o superan) é o 65, e o 61% dos usuarios de Candy Crush Saga recoñecen que botan unha partida cando van no transporte público (mentres o 78% dos xogadores norteamericanos admiten gozar do título mentres ven a televisión).

O xogo ten unha mecánica sinxela, unha estética atractiva e uns niveis desafiantes

PUBLICIDADE