Candy Crush Saga chega a Windows Phone 8.1
xoves, 11 de decembro do 2014
O sistema operativo móbil de Microsoft partÃa dunha
importante desvantaxe fronte a Android e a iOS, xa que ao chegar máis tarde ao
mercado carecÃa de moitas das principais aplicacións, pero con Windows Phone
8.1 o panorama parece ser bastante diferente, e tras recibir versións de
Instagram, Vine, Flipboard... e de xogos como Doodle Jump e Apalabrados,
parecÃa que, aparte das aplicacións de Google, só quedaba unha grande ausencia
que vén de solucionarse: Candy
Crush Saga.
Finalmente o popular xogo de King.com está dispoñible para Windows Phone 8.1,
podendo descargarse de balde e conservando a mesma mecánica e estética que no
resto de plataformas. AÃnda que o xogo é de balde, inclúe elementos adicionais
que poden adquirirse mediante o pagamento con cartos reais.
Candy Crush Saga conta cuns gráficos
moi coloridos e coidados, potenciadores que facilitarán superar os niveis máis
complicados, niveis de quebracabezas vestidos de aventura, centos de niveis de
partida que medran cada dúas semanas e funcións en liña para poder competir cos
nosos amigos. Todo un imprescindible que finalmente está presente nos móbiles
co sistema operativo de Microsoft.