Cancélase o lanzamento europeo de Facebook Dating o Día de San Valentín

xoves, 13 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

The Wall Street Journal adiantou que Facebook tiña previsto estrear en San Valentín a nivel europeo o seu servizo de citas, pero que os reguladores terían posto atrancos a este lanzamento que tería un grande impacto sobre o uso de datos persoais.
A Comisión de Protección de Datos (DPC) de Irlanda recibiu información básica sobre o lanzamento europeo de Facebook Dating o pasado 3 de febreiro, e ante a pouca documentación achegada por Facebook, decidiron iniciar unha inspección nas oficinas de Facebook en Dublín o pasado día 10, na que conseguiron documentación sobre a que expuxeron preguntas (e aínda están a agardar pola resposta oficial).
Dende Facebook sosteñen que non precisan autorización da DPC para lanzar o novo servizo, asegurando que a notificación inicial la DPC foi unha cortesía, pero o Regulamento Xeral de Protección de Datos vixente no territorio europeo si establece toda unha serie de normas que Facebook debe cumprir, polo que o máis razoable é responder ás dúbidas de reguladores como a DPC antes de infrinxir a lexislación europea e ter que facer fronte a importantes sancións.

PUBLICIDADE