Cancelan o xogo en liña Marvel Universe Online

mércores, 13 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Imaxe do xogo Marvel Ultimate Alliance

No verán de 2006 Microsoft e Marvel Entertainment anunciaran que ían desenvolver un ambicioso proxecto consistente na creación do xogo Marvel Universe Online, que prometía ser un xogo masivo multixogador para Xbox 360 e Windows Vista no que aparecerían os personaxes do cómic da Marvel (Spider-Man, os Catro Fantásticos, os Vingadores, o Capitán América...) pero o paso ano deixouse de falar do futuro título, polo que agora Shane Kim, responsable dos Microsoft Game Studios, confirmou que «Microsoft e Marvel decidiron discontinuar o proxecto».
A «decisión mutua» estaría motivada polas dificultades para rendibilizar os xogos masivos multixogador (ata o momento só trunfa neste eido World of Warcraft), o que non afectaría a outras creacións baseadas en personaxes da Marvel nos que traballan dende Activision e Sega.

PUBLICIDADE