Cancelan a Games Convention de Leipzig

venres, 30 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A Games Convention de Leipzig en 2008Á Games Convention de Leipzig saíulle unha feira en Colonia, a GamesCom, que logrou captar a atención dos axentes involucrados no sector europeo dos videoxogos como para facer que o certame de Leipzig confirme a súa desaparición, de xeito que non terá edición en 2009, o que podería estar provocado principalmente pola falta de infraestruturas da cidade para acoller a máis de 200.000 visitantes e 547 compañías.
A nova feira terá lugar entre os días 19 e 23 de agosto, aínda que a organización do evento de Leipzig non paralizará a súa actividade e organiza do 31 de xullo ao 2 de agosto a Games Convetion Online, que estaría dirixida xogos para dispositivos móbiles e en rede, polo que sería un evento radicalmente diferente, pois non servirá para presentar as novidades do sector dos videoxogos, senón que sería un certame bastante máis modesto cunha acollida que é toda unha incógnita.

PUBLICIDADE