Cana de pescar con realidade aumentada

mércores, 2 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Os xaponeses sorprenderon no seu día con xogo de pesca para a DreamCast que contaban como sistema de control cunha cana de pescar de xoguete, e esta idea parece continuar a ser atractiva para moitos asiáticos, pois no mes de xullo Takara Tomy vai pór á venda por uns 6.279 iens (55,76 euros) o Virtual Master Real, unha cana de pescar electrónica que conta cunha cámara de 0,3 Mpíxeles que posibilita unha innovadora experiencia de realidade aumentada, facilitando a pesca virtual en localizacións reais.
O Virtual Master Real conta cunha pantalla LCD na que amósanse escenas de pesca realistas apoiadas por sons e vibracións, contando con 2 modos de xogo: modo Select (que permite elixir se pescar nun río, nun lago ou no mar) e AR (facendo uso da realidade aumentada).
Esta cana de pescar virtual mide 225 x 100 x 80 milímetros, funciona com 3 pilas AA, está recomendada para maiores de 6 anos e o seu fabricante agarda vender 300.000 unidades no seu primeiro ano.

O Virtual Master Real estará dispoñible en varias cores
A cana emite sons e vibra para dar realismo á experiencia de pesca virtual