Cámara de vixilancia de 360 graos

mércores, 30 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A colocación de cámaras de seguridade é normalmente unha complexa operación na que hai que procurar elixir posicións estratéxicas para evitar puntos cegos, pero Mobotix lanza unha cámara que pretende axudar neste tipo de instalacións xa que a súa cámara Q22 permite unha visión de 360 graos grazas ao uso dunha lente hemisférica, que elimina a necesidade de contar con partes móbiles para ver ao seu redor.
A cámara se vende por 498 euros no seu modelo con resolución VGA (640 x 480) e a 648 euros no modelo de 3 Mpíxeles (2.048 x 1.536 píxeles). Permite mover horizontal e verticulamente a imaxe, así coma facer zoom; pode funcionar con alimentación Ethernet (PoE), integra altofalantes e micrófono (para comunicacións bidireccionais) e é compatible con diversas plataformas de control de cámaras.

PUBLICIDADE