Cámara de alta definición resistente á auga
luns, 5 de xaneiro do 2009A chegada do
vÃdeo de alta definición aos fogares está a popularizar un tipo de cámaras de
vÃdeo de reducido tamaño que conseguen recoller imaxes a 720 liñas en progresivo,
e que polo seu contido prezo (hai modelos por pouco máis de 100 euros), e Kodak
quixo entrar neste sector cun valor engadido, polo que presentou a cámara
de vÃdeo Kodak Zx1, capaz de gravar vÃdeo a 60 imaxes por segundo en 720p
en tarxetas de memoria SD/SDHC de ata 32 Gb (o que permitirÃa gardar ata 10
horas de vÃdeo) que destaca do resto das que podemos ver nas tendas por ser
resistente á auga, estando deseñada para soportar salpicaduras e sucidade.
A Kodak Zx1 ten unha pantalla LCD de 2 polgadas, funciona con pilas recargables
AA Ni-Mh (incluirá cargador), ten saÃda de vÃdeo en alta definición por HDMI,
inclúe software para facilitar a edición e publicación de contidos en YouTube e
outras redes páxinas web e se agarda o seu lanzamento para o mes de abril a un
prezo estimado de 149 dólares.