Cámara de 8 Mpíxeles con menos de 2 cm. de grosor
martes, 2 de outubro do 2007
Onte presentouse a nova
cámara dixital Pentax
Optio V10, que destaca por ter unhas altas prestacións pese a ter un grosor
de só 19 mm.
A nova cámara ten unha resolución de 8 Mpíxeles, zoom óptico de 3x, unha grande
pantalla TFT de 3 polgadas con tecnoloxía IPS (que mellora o seu contraste e ángulo
de visión), tecnoloxía de foto automático e de detección de rostro, encadre de
retrato automático e ton natural de pel e compatibilidade coas tarxetas SD e
SDHC (de ata 4 Gb de capacidade).
A súa batería tamén mellora con respecto a modelos anteirores, permitindo ata
200 disparos fotográficos, 210 minutos de reprodudución de vídeo e 70 minutos
de gravación a unha resolución de ata 640 x 480 píxeles.
A Pentax Optio V10 tamén conta con conectividade USB 2.0, saída de vídeo e distintas
posibilidades de configuración tanto automáticas coma manuais.