Call of Duty estréase en dispositivos móbiles
martes, 1 de outubro do 2019
A pasada noite chegou
a Android e a iOS
o agardado Call of Duty: Mobile,
xogo de acción que quere competir con éxitos como Fortnite e PUBG,
para o que ofrecen unha experiencia de balde, con distintos modos de xogo e
mapas moi recoñecibles para os seareiros do xogo para consolas e ordenadores
persoais.
Temos asà que Call of Duty: Mobile permite gozar de partidas rápidas de
5 contra cinco, de modo battle royale para 100 xogadores ou incluso dos
xa clásico modo de enfrontamento a unha praga de mortos viventes.
O xogo chega
cuns gráficos detallados, controis personalizables, chat de voz e texto e incluso
bo son, transmitindo bastante ben o espÃrito do xogo ao móbil, aÃnda que con cambios
dabondo como para ofrecer experiencias moi diferentes, á vez que xuntará a
comunidades de usuarios moito máis diversas.
AÃnda que este xogo, con compras integradas na aplicacións, ten moitas bazas
para ser un grande éxito, o seu lanzamento hoxe é todo un acerto, xa que o 25
de outubro chegará o novo Call of Duty: Modern
Warfare, e deste xeito amplifÃcase a expectación dunha serie que xunto
con FIFA é un dos grandes protagonistas da campaña de Nadal.
- Os enfrontamentos desenvólvense en mapas moi recoñecibles para os seareiros da franquÃa
Tráiler de Call of Duty: Mobile