Call of Duty: Modern Warfare 3 fixa o seu lanzamento no 8 de novembro
martes, 24 de maio do 2011- O novo tÃtulo distribuÃdo por Activision continuará a apostar pola súa estética cinematográfica
Finalmente teremos
o xogo Call of Duty: Modern Warfare 3 nas
tendas o vindeiro 8 de novembro, e este tÃtulo desenvolvido por Infinity
Ward e Sledgehammer Games tamén vén
de estrear un explosivo trailer con imaxes do xogo que está a causar furor
entre os seareiros da saga, superando os 2 millóns de reproducións en YouTube
nun dÃa. No vÃdeo pode verse que a acción do novo Call of Duty transcorre en EE.UU., Inglaterra, Alemaña e Francia,
en enfrontamentos cada vez máis ambiciosos, e incorporando como importante
novidade a posibilidade de que o contorno se destrúa (seguindo a liña trazada
por Battlefield 3).
Os emprazamentos de Modern Warfare 3
van dende os túneles do metro londiniense ata as proximidades da torre Eiffel,
todo aderezado co toque cinematográfico que tan bo resultado dá nesta franquÃa
que poderÃa chegar á súa máxima expresión con este tÃtulo, antes de padecer o
inevitable fastÃo dunha saga que repite a súa fórmula sen innovar como están a
facer os seus competidores (como o mencionado Battlefield 3), aÃnda que a inercia de anteriores entregas garante
a boa recepción do que promete ser un dos xogos máis vendidos en 2011.
Novo trailer de Call of Duty: Modern Warfare 3
- Modern Warfare 3</Em> levará a súa acción a cidades como Londres ou ParÃs