Call of Duty: Black Ops 2 aínda ten preto de 12 millóns de xogadores activos

mércores, 4 de novembro do 2015 Marcus Fernández

Cando estamos ás portas do lanzamento de Call of Duty: Black Ops III, toca botar a vista atrás e lembrar a anterior entrega da saga desenvolvida por Treyarch, Black Ops 2, que na súa estrea en 2012 conseguira vender 8 millóns de copias e poucas semanas despois xa superara unhas vendas por valor de 1.000 millóns de dólares, deixando clara a forza desta franquía. Pero o máis sorprendente de todo é que, durante a presentación dos resultados económicos de Activision, a compañía recoñeceu que actualmente aínda había preto de 12 millóns de persoas xogando a Call of Duty: Black Ops 2, o que é realmente impresionante se temos en conta que estamos ante un título con tres anos de vida, o que explicaría o feito de que estea nos primeiros lugares nas enquisas de Microsoft para saber dos xogos prioritarios para incorporar como retrocompatibles na Xbox One (para permitir tanto que os usuarios que mercasen Black Ops 2 en Xbox 360 poidan xogalo na Xbox One, como o feito de poder competir cos moitos usuarios do xogo en Xbox 360 que seguen activos).

PUBLICIDADE