Call of Cthulhu achéganos aos arrepiantes mundos de H.P. Lovecraft

martes, 30 de outubro do 2018 Marcus Fernández

Os seareiros da obra de H.P. Lovecraft teñen dende hoxe dispoñible un videoxogos que os cativará, Call of Cthulhu para Xbox One, PlayStation 4 e PC (Steam), que permitiranos tomar o rol do detective Edward Pierce na súa investigación da morte da familia Hawkins na illa de Darkwater (fronte a costa de Boston), tendo que dominar o rechamante sistema de cordura, así como ter que investigar e até sentir a influencia dos Grandes Deuses, onde haberá que facer valer as nosas habilidades.
Este traballo do Cyanide Studio é unha adaptación oficial do xogo de rol clásico Chaosium¸ e combina o estilo de xogo de investigación cun apartado narrativo sen parangón cos mitos de Cthulhu. O detective Pierce non só é un investigador obstinado por atopar a verdade, senón que tamén é un alcohólico que loita por deixalo, torturado polo pasado cun desorde por estrés postraumático e visións estañas, de xeito que viviremos como o seu mundo comeza a derrubarse segundo a realidade se descompón e os soños convértense en realidade... mentres o Grande Soñador prepara o seu espertar.
Para facernos unha idea do que ofrece este arrepiante xogo temos o seu tráiler de lanzamento:

PUBLICIDADE