COGAMI inicia un curso de alfabetización dixital en Boiro
martes, 7 de febreiro do 2023
As
instalacións da Aula CeMIT do Centro Social de Boiro acollen estes
días un Curso de Alfabetización Dixital impartido pola
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Esta
formación iniciárona un total de 8 persoas, todas elas co
certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión
habitual, procedentes dos concellos de Boiro, Ribeira e Rianxo.
Esta
formación, financiada polo Ministerio de Educación e Formación
Profesional a través da Organización COCEMFE, da que forma parte
COGAMI, enmarcada nas actuacións dirixidas á atención de adultos
con NEE 2021-22, contará cun total de 85 horas lectivas que serán
impartidas de luns a venres en horario de 9:00 a 14.00 horas, e nos
que se abordarán módulos sobre Internet, procesador de textos e
folla de cálculo.
Estes
cursos que desenvolve COGAMI teñen como obxectivo impulsar a
inserción sociolaboral, coa finalidade de que o “alumnado acade os
coñecementos e habilidades para poder inserirse canto antes no
mercado laboral”.
Arestora,
a bolsa de emprego de COGAMI ten inscritas un total de 693 persoas no
Barbanza e a súa contorna, distribuídas deste xeito segundo
concellos de ámbito de actuación: Rianxo 64; Boiro 132; A Pobra 62;
Ribeira 132; Porto do Son 34; Noia 137; Lousane 17; Outes 35; Muros
47; Carnota 18 e Mazaricos 15.