Broken Age e Super Meat Boy destacan entre os xogos de PS Plus do mes de outubro
mércores, 30 de setembro do 2015
Sony continúa a manter un perfil baixo nos xogos que ofrece
sen custo adicional aos subscritores de PlayStation Plus, e anuncia a relación
de videoxogos que engadirá á biblioteca instantánea dos seus usuarios a
partires do 6 de outubro, data na que destacan que retirarán a Edición PS Plus de DRIVECLUB.
O xogo máis salientable de outubro é a aventura gráfica Broken
Age, que pode instalarse en PS4 e PS Vita, e que é o primeiro xogo
deste xénero creado por Tim Schafer en 16 anos e que actualmente está á venda
por 24,99 euros. Temos asà unha aventura clásica do creador de Grim Fandango que destaca polos seus
gráficos feitos a man, o seu sentido do humor e numerosos quebracabezas. Para
as mesmas plataformas chega tamén Super
Meat Boy, todo un clásico que vai estrearse para as consolas de Sony a
través de PS Plus, permitindo asà o goce dun tÃtulo que tivo grande éxito en PC
e Xbox 360, pero que estivo ausente da PS3.
Continuando con tÃtulos independentes terÃamos Unmechanical:
Extended Edition, xogo de plataformas e quebrazabezas compatible con
PS4 e PS3; Kickbeat,
un xogo de ritmo para PS3 e PS Vita; o curioso Kung
Fu Rabbit, tamén para PS3 e PS Vita; e Chariot, para PS3. En definitiva, unha selección de xogos que
pasarÃan totalmente desapercibidos para a meirande parte dos xogadores se non
fose porque os recibirán sen custo adicional durante un mes.