Brain Challenge para iPod axuda a manter a mente activa
venres, 7 de decembro do 2007
O desenvolvedor de xogos para móbiles Gameloft
adaptou o Brain
Challenge para os reprodutores iPod nano de terceira xeración, os iPod de
quinta xeración e o iPod classic, polo que os usuarios destes dispositivos con
capacidades de xogo poidan mercalo
a través da tenda de iTunes por 4,99 euros.
Brain Challenge inclúe 20 minixogos
que buscan manter en forma a mente con pequenos exercicios entretidos e
sinxelos que seguen a moda creada polo Brain
Training de Nintendo DS. Os minixogos repártense en 5 categorÃas (visual,
memoria, lóxica, matemática e concentración) e accesibles de distintos xeitos. AsÃ,
o usuario pode entrar na sala de prácticas para gozar de tódolos exercicios ou
pode utilizar o test diario que elixe 5 minixogos de 3 minutos ó azar, evitando
asà a monotonÃa dun xogo lineal.
Este novo xogo tamén permite facer un test cerebral diario e obter estatÃsticas
cos resultados acadados.
Podemos ver un vÃdeo de presentación que amosa os minixogos incluÃdos en Brain Challenge: