Bose presenta o seus novos auriculares con cancelación de ruÃdo
mércores, 18 de setembro do 2024
Para os usuarios esixentes coa calidade de son e que precisan dunha boa cancelación de ruÃdo Bose presenta os novos QuietComfort Earbuds, uns auriculares orientados ao uso diario, con controis táctiles e cunha autonomÃa de até 8,5 horas que co estoxo de carga sen fÃos poderÃa ampliarse até 31,5 horas.
Estes novos auriculares Bluetooth 5.3 prometen audio de alta fidelidade, cancelación de ruÃdo extraordinaria, un bo axuste en todo momento, facilidades de control, resistencia á auga (IPX4), soporte para ordes de voz, conectividade multipunto e personalización a través da súa aplicación móbil, suma de prestacións que, xunto ao prestixio da marca, sitúa o seu prezo de venda nos 199,95 euros.
Bose tamén ten un modelo Ultra deste tipo de auriculares, cun prezo máis elevado, polo que parece estar a replicar o esquema comercial de Apple, dándonos a entender que estes novos auriculares buscarÃan competir directamente cos novos AirPods 4 con cancelación de ruÃdo, que saen á venda este mesmo venres a un prezo de 199 euros.
- Os novos auriculares de Bose prometen boa calidade sonora, magnÃfica cancelación de ruÃdo e comodidade durante o seu uso no dÃa a dÃa
- Co estoxo de carga a súa autonomÃa pode ampliarse até as 31,5 horas