BookBook, a funda-billeteira para o iPhone 4
mércores, 27 de xullo do 2011
Twelve South
anunciou un novo accesorio para o iPhone 4, o BookBook, unha funda
para o móbil que ten a aparencia dun pequeno libro con cubertas de pel, que
reserva un espazo interior para gardar tarxetas de crédito, tarxetas de
identificación e mesmo billetes, o que resulta práctico por unificar billeteira
e funda para o teléfono nun único accesorio, co conseguinte aforro de espazo
nos petos do pantalón.
O BookBook está á venda por 59,99 dólares (41,75 euros) e permite vestir o iPhone
4 con estilo, protexe o móbil de xeito integral e, ao manter os nosos cartos
xunto ao teléfono, tamén evita despistes. Todo iso sen comentar que ao ter o
iPhone 4 nesta orixinal funda, cando esteamos lendo o correo electrónico ou visitando
unha páxina web dará a impresión de que estamos a ler un libro de peto.
A funda mide 120,5 x 20,7 x 70 milímetros e o seu interior ten 3 compartimentos
para tarxetas e outro para efectivo, como pode apreciarse no seu vídeo
promocional: