Blusens presenta un reprodutor portátil con podómetro

mércores, 12 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O fabricante de electrónica de consumo con sede en Compostela, Blusens, incorpora ao seu catálogo un dos reprodutores MP4 máis lixeiros do mercado, que entre as súas prestacións conta coa posibilidade de funcionar como podómetro, funcionalidade que se activa cando o dispositivo se coloca no antebrazo cun brazalete inclúido. O Blusens SPRINT é o primeiro produto da compañía que busca potenciar a práctica do deporte e o seu nome está dedicado a Maverick Viñales, integrante do equipo de motociclismo Blusens Avintia.
O Blusens SPRINT chegará en vermello e prateado, leva a sinatura de Maverick na súa parte traseira, reproduce son en varios formatos (MP3, WMA, FLAC e APE), sintoniza radio FM e pode gravar tanto voz como radio. A súa pantalla táctil de 1,5 polgadas tamén permite a reprodución de vídeos en formato AMV, imaxes (JPEG, GIF e BMP) e mesmo ler documentos de texto. Ten un almacenamento interno de 4 Gb, mide 47 x 45 x 15 milímetros, pesa 23 gramos e a súa batería permite reproducir música de xeito continuo durante ata 8 horas.

O Blusens SPRINT inclúe un brazalete para facilitar o seu uso como podómetro durante a práctica deportiva
O novo reprodutor musical de Blusens está dedicado ao motociclista Maverick Viñales
Co podómetro o Blusens SPRINT pretende instar á práctica deportiva

PUBLICIDADE