Blusens prepara un proxector de vÃdeo con sintonizador de televisión integrado
mércores, 4 de xullo do 2012- O dispositivo conta con numerosas entradas de vÃdeo
Blusens
vén de incorporar ao seu catálogo un produto que entendemos que non venderán en
España pero que resulta bastante curioso, pois trátase dun proxector LEG que
integra sintonizador de televisión analóxica. Este proxector pode xerar unha
pantalla de entre 60 e 100 polgadas cunha resolución de 640 x 480 pÃxeles,
integrando altofalantes e permitindo entradas de vÃdeo a 720p e 1.080p, sendo
tamén compatible tanto con imaxes 4:3 como 16:9.
O Blusens PJL66
véndese en cor branca ou vermella, ten 2.000 lumens, un contraste de 1.000:1,
pode reproducir contidos multimedia a través dun porto USB (JPEG, BMP, PNG,
MPEG-2, AVI-XviD, WMV, MOV, MKV, MP3, WMA, AAC e M4A), conta con numerosas
entradas (HDMI, VGA, S-Video, compoñentes, vÃdeo composto e antena, unhas
dimensión de 25,7 x 32,5 x 10,8 céntimetros e un peso de 3,2 quilogramos, que
completan unha interesante opción para que desexe un proxector de vÃdeo
autónomo.