Blusens pon á venda un tablet de 7 polgadas con Android 4.0

mércores, 15 de agosto do 2012 Marcus Fernández

A nova proposta de Blusens para navegar pola Internet e reproducir contidos multimedia é o seu tablet Blusens PACHA, que chega cunha pantalla capacitiva de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador ARM Cortex A8 a 1 GHz, 512 Mbytes de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb, saída HDMI, micro USB 2.0, webcam, Wi-Fi N e Android 4.0 con Flash Player 11, que xa está dispoñible por 149 euros dende a tenda en liña da compañía compostelá de electrónica de consumo.
O Blusens PACHA pode reproducir vídeo en alta definición (soportando formatos como H.264 e MKV), e como demostración das súas posibilidades multimedia vén con contidos precargados exclusivos PACHA: unha recompilación de música, videoclips e película dos máis aclamados e mellores DJ do mundo como Guetta, House of Mafia, Morillo, Luciano, Laurent...
Para completar o produto, na súa caixa inclúense auriculares e unha funda de protección coa mesma imaxe vermella rechamante deste dispositivo que mide 192 x 118 x 11 milímetros e pesa 334 gramos.

O tablet comercialízase con auriculares e funda protectora

PUBLICIDADE