Blusens Touch 97, unha alternativa galega ao iPad 2
luns, 3 de decembro do 2012- Miguel Silva amosou o novo tablet Blusens Touch 97 durante a celebración do TEDxGalicia
Durante a pasada edición
do TEDxGalicia fixo acto de presenza tanto no escenario coma nos corredores
un novo dispositivos de Blusens, o tablet Touch 97,
que está xa á venda
por 249 euros e que pode resultar de grande atractivo para os usuarios que
buscan unha alternativa económica ao iPad 2, á vez que poden gozar das vantaxes
que supón gozar do sistema operativo Android 4.0.4 (como poden ser a
conectividade USB 2.0 ou a reprodución de contidos para Adobe Flash Player 11).
O Blusens Touch 97 conta cunha pantalla de 9,7 polgadas cunha resolución de
1.024 x 768 pÃxeles, procesador de dobre núcleo a 1,6 GHz, gráfica de 4 núcleos
Mali 400, 1 Gb de RAM, 16 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas
microSD de ata 32 Gb, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, cámaras de 2 e 03, MpÃxeles e
baterÃa de 8.000 mAh que promete unha autonomÃa de máis de 10 horas. Mide 23,3
x 19 x 0,98 centÃmetros e pesa 629 gramos.
Ten conector
microUSB 2.0, saÃda HDMI a 1.080p, altofalante, micrófono, inclúe auriculares e
pode gozar dun inmenso catálogo de aplicacións descargables a través de Google
Play, asà como dunha ampla variedade de formatos multimedia soportados (de
xeito que non temos que converter os vÃdeos para poder velos) e mesmo é
compatible con varios modems USB 3G para poder facer uso da banda larga móbil.
Dende
Blusens tamén venden por
29,90 euros unha funda que permite protexer o tablet de agresións externas
sen impedir o acceso aos seus portos e teclas multimedia.
- O novo tablet de Blusens conta cunha pantalla de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 pÃxeles
- O tablet goza dunha boa conectividade (microUSB 2.0, Bluetooth 4.0 e saÃda HDMI)