Blizzard cancela o desenvolvemento de Titan tras 7 anos de traballo
martes, 23 de setembro do 2014
Durante moitos anos o xogo masivo en liña World of Warcraft conseguiu liderar o
seu xénero como tÃtulo de pagamento, levando a Blizzard a conseguir unha
posición de luxo no sector, e a permitirse coidar ao detalle a calidade dos
seus traballos, pero tal situación acomodada non pode ser eterna, polo que
levaban sete anos traballando no seu seguinte xogo masivo en liña, coñecido
como Titan, que estaba a ser revisado
nos últimos meses e, finalmente, dende
Polygon anuncian que vén de ser cancelado.
O co fundador e director xeral da compañÃa, Mike Morhaime, comentou nunha
entrevista non só que nunca chegaron a anunciar oficialmente Titan, recoñecendo que durante o
desenvolvemento deste tÃtulo non conseguiron atopar un punto no que o xogo
chegase a apaixonalos, polo que o revisaron até chegar a un punto no que
consideraron que non consideraban oportuno seguir adiante co seu desenvolvemento,
o que non foi unha decisión doada, pero non é a primeira vez que a compañÃa fai
algo semellante, pois en 2005 tamén cancelaron o xogo de acción StarCraft: Ghost, anunciado en 2002.
Cómpre salientar que a presión para facer de Titan un xogo magnÃfico era moi elevada, xa que tiñan como
obxectivo tomar o relevo de World of
Warcraft, éxito que ningún outro tÃtulo conseguiu neste xénero, e que
posiblemente non poderÃa repetirse na conxuntura actual, onde a fórmula dos free-to-play mudou substancialmente o
mercado. De todos os xeitos, dende a compañÃa insisten en que continuarán a dar
soporte a World of Warcraft, e
recoñecen que outros éxitos como Hearthstone
e Heroes of the Storm tamén
contribuÃron a que a compañÃa fose distanciándose paulatinamente do
desenvolvemento de Titan. En todo
caso, non son poucos os que consideran que o feito de que Blizzard poida
desbotar proxectos que non acadan o nivel de calidade desexado é toda unha
virtude, sendo complicado que lancen algún xogo que non satisfaga aos seus
millóns de seareiros.