BlackBerry contará con terminais con formato de cuncha

mércores, 20 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Dende Crackberry.com presentan a aparencia das novas BlackBerry e as comparan con outros terminais

RIM está a preparar unha serie de terminais baixo o nome chave KickStart que presentarían formato de cuncha (con certa semellanza aos populares Motorola RAZR), o que é toda unha novidade para o fabricante das populares BlackBerry, e que vén de presentar Expansys, tenda en liña que xa permite consultar as características detalladas da BlackBerry 8220 e da BlackBerry 8210, que se diferencian entre si por incorporar Wi-Fi e GPS respectivamente.
Os novos móbiles miden 101,6 x 50,8 x 17,18 milímetros, pesan 101,2 gramos, funcionan co sistema operativo BlackBerry OS 4.6, teñen pantalla de 2,6 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles (e outra secundaria cunha resolución de 160 x 128 píxeles), cámara de 2 Mpíxeles con Flash de LED e gravación de vídeo, reprodución multimedia (con soporte de MP4, 3GPP, H.264, DivX, MP3, AAC, eAAC+ e WMA), 75 Mb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSDHC, conector para auriculares de 3.5 milímetros, Bluetooth 2.0, microUSB e conectividade GPRS.
Os 2 modelos venderíanse en cor vermella e negra, descoñecéndose a data de lanzamento e o prezo de venda.

PUBLICIDADE