BlackBerry amosa o seu novo smartphone

luns, 9 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Tras a filtración dunha imaxe do futuro BlackBerry Motion, o novo teléfono de TCL coa marca BlackBerry ve por fin a luz no marco da GITEX Technology Week, grande feira tecnolóxica para África e Oriente Próximo, de xeito que confírmanse os detalles que tiñan transcendido deste dispostiivo que prescinde de teclado físico e aposta por resistencia ao po e á auga (IP67), pantalla Full HD de 5,5 polgadas, 4 GB de RAM, dobre SIM e batería de 4.000 mAh con Quick Charge 3.0, que venderase a uns 1.699 dirhams (395 euros), deixando claro que non queren entrar a competir cos grandes teléfonos de alta gama.
Este novo smartphone funcionará cun procesador Qualcomm Snapdragon 625, estará equipado con cámaras de 12 e 8 Mpíxeles, contará con lector de pegadas dixitais e a súa única opción de almacenamento interno será de 32 GB. A medidos de mes iniciará a súa comercialización en Oriente Próximo, descoñecéndose cando chegará ao noso mercado (lembremos que o BlackBerry KEYone aínda ten unha distribución moi limitada).

PUBLICIDADE