Bionic Commando: Rearmed 2 chega á PS3 e á Xbox 360
mércores, 2 de febreiro do 2011
A franquÃa de Bionic Commando está chea de contrastes,
de xeito que, mentres o seu remake
para consolas de alta definición desenvolvido polos estudos GRIN foi un sonoro
fracaso, o xogo descargable Bionic
Commando: Rearmed (máis fiel ao xogo orixinal) tivo unhas vendas moi
elevadas, de aà que hoxe poidamos ver cómo ao Bazar de Xbox LIVE e á
PlayStation Store chegue unha secuela deste tÃtulo a 1.200 puntos (14,4 euros)
e 14,99 euros respectivamente.’
Bionic
Commando: Rearmed 2 nace da evolución do xogo de acción de
desprazamento lateral protagonizado por Nathan Rad Spencer, que desta volta non só dispara e balancéase empregando
o seu brazo biónico, senón que tamén pode saltar (elemento ausente no xogo
orixinal, o que era todo un detalle distintivo que contribuÃa a incrementar a
dificultade do tÃtulo). Pese a que entendemos que este tipo de xogos están
orientados ás campañas para un xogador, Rearmed
2 conta cun modo cooperativo sen conexión para 2 xogadores.
O xogo conserva a clásica xogabilidade 2D cun acabado gráfico en 3D, polo que
visualmente está a altura de moitos outros xogos actuais, mentres que no apartado sonoro temos
unha banda sonora nova (pero inspirada na do Bionic Commando de NES).
Pese a que a chegada deste tÃtulo sexa recibida con ledicia por moitos amantes
dos xogos retro ou con mecánicas
clásicas, un detalle parece estar luxando esta estrea, pois parece ser que a versión de
PlayStation 3 inclúe un sistema de protección anti-copia (posiblemente
froito do actual crackeo da PS3) que
impide xogar a Bionic Commando: Rearmed 2
sen acceso á Rede, medida que resulta bastante incómoda para os usuarios que
pagan por un xogo que conta con limitacións ás que non estamos afeitos.
Trailer do xogo