Billy Corgan aparecerá no Guitar Hero World Tour
martes, 2 de setembro do 2008
Activision
anunciou que entre os temas que se poderán adquirir para a súa descarga no
xogo Guitar Hero World Tour estará o
novo sinxelo dos Smashing Pumpkins, G.L.O.W.,
dentro dun paquete de descargas que tamén incluirá os temas 1979 e The Everlasting Gaze.
A incorporación destes temas musicais ao xogo que vai comezar a venderse a
finais de outubro non serÃa unha nova relevante se non viñese acompañado polo
anuncio de que o cantante, compositor e guitarrista dos Smashing Pumpkins,
Billy Corgan, tamén estará dispoñible coma personaxe xogable no novo Guitar Hero, o que confirmarÃa os
rumores de que o número de personaxes a utilizar serÃa moi amplo, permitindo
ao xogador encargar a famosos coma Sting, Ozzy Osbourne ou Jimi Hendrix.
A participación de Corgan no Guitar Hero
World Tour xa parecÃa ser importante dende que se filtrou á web unha fotografÃa na que se vÃa
ao artista enfundado nun traxe especial para rexistrar os seus
movementos tridimensionalmentem, e agora incluso podemos ver a Corgan nun vÃdeo
no que comenta
a súa intervención no xogo musical de referencia nas consolas de
videoxogos: