Beyond Good & Evil estrea remake en HD

mércores, 2 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O Bazar de Xbox LIVE Arcade recibiu hoxe coma contido descargable o xogo Beyond Good & Evil HD, o remake dunha premiada aventura de acción que Ubisoft publicou en 2003 para GameCube, PS2, Xbox e PC (considerada por Destructoid coma o 6º mellor xogo da pasada década) que posiblemente ten unha secuela en desenvolvemento e que agora recupérase cunha adaptación á alta definición da Xbox 360.
Esta aventura está protagonizada por Jade, unha reporteira de investigación que destapa unha terrible conspiración e que debe salvar ao mundo coa axuda do carismático Zerdy. Está á venda por 800 puntos de Microsoft (9,6 euros) e tamén conta cunha versión de demostración que podemos descargar de balde.

Os gráficos do xogo actualizáronse á alta definición da Xbox 360


Trailer de lanzamento do xogo

PUBLICIDADE