Beyond: Dos Almas sae á venda para PS4
xoves, 26 de novembro do 2015
- A protagonista do xogo está interpretada pola actriz Ellen Page
O ano pasado Quantic Dream cativou a moitos xogadores de
PlayStation 3 con Beyond:
Dos Almas, un xogo que podemos considerar unha pelÃcula interactiva, na
que nos metemos na pel de Jodie Holmes (interpretada pola actriz Ellen Page),
moza con poderes paranormais grazas á súa ligazón cun ente invisible, de xeito
que o xogador pode alternar o control entre a protagonista e o ente, para
superar asà distintos desafÃos fÃsicos, psicolóxicos e emocionais ao longo unha
completa historia que a parires de hoxe está tamén dispoñible para PlayStation
4.
- O xogo pode considerarse case como unha pelÃcula interactiva
O xogo pode mercarse
a partires de hoxe a un prezo de 29,99 euros, e, de realizarse a súa adquisición
na PlayStation Store antes do 29 de
febreiro, pode conseguirse un importante desconto na compra do anterior tÃtulo
do mesmo estudio, Heavy Rain (ou
sexa, que serÃa equivalente á colección para PS4 que incluirá ambos xogos e que
sairá á venda o 2 de marzo).
A
versión para PlayStation 4 de Beyond: Dos
Almas ofrece gráficos mellorados a 1.080p e inclúe algunha novidade
adicional como máis dificultade nalgunhas escenas de loita, controis
mellorados en secuencias de acción, a posibilidade de comparar as decisións que
tomemos ao final de cada escena coa doutros xogadores e a posibilidade de gozar
da aventura en orde cronolóxica. Tamén inclúe o contido descargable Experimentos Avanzados.
- Beyond: Dos Almas presentan situacións en distintos momentos da vida de Jodie Holmes, pero nesta nova versión ofrécese a posibilidade de percorrelos por orde cronolóxica
VÃdeo promocional do lanzamento da versión para PS4 de Beyond: Dos Almas