Beyond: Dos Almas poderá controlarse mediante dispositivos móbiles

luns, 30 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Un dos xogo máis agardados para PlayStation 3, Beyond: Dos Almas, a nova creación de Quantic Dream que este mércores estrea versión de demostración para pórse á venda o vindeiro día 9, vai incorporar unha curiosa innovación que consiste na posibilidade de facer uso dun dispositivo móbil con iOS ou Android como método de control, de xeito que, en vez de manexalo empregando o mando tradicional da PS3 será posible gozar deste interesante thriller emocional controlando a acción cun dedo sobre a pantalla.
A aplicación para iPhone e IPad xa está dispoñible na App Store, ao igual que a versión para Android tamén está presente en Google Play, permitindo que os usuarios menos experimentados poida gozar da experiencia interactiva de Beyond: Dos Almas sen ter que enfrontarse co atranco dun control ao que non están afeitos. Amais, este método de control tamén pode utilizarse para xogar a aventura en modo Dúo, ou sexa, cun segundo xogador axudando dende o seu dispositivo móbil.
A comunicación entre o smartphone ou o tablet coa consola realizarase dun xeito sinxelo, sendo só preciso que ambos dispositivos estean conectados á mesma rede Wi-Fi, e supón unha interesante achega ao uso de dispositivos móbiles como complementos para os xogos.

O control a través dun smartphone ou tablet facilitará o xogo por parte de usuarios pouco experimentados

PUBLICIDADE