BenQ incorpora pico-proxector nunha videocámara compacta

xoves, 16 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Seguindo os pasos da Nikon COOLPIX S1000pj, este mes chegará ao mercado a videocámara dixital BenQ DV-S11, que anúnciase como a primeira videocámara dixitial capaz de gravar vídeo a 1.080p que conta cun pico proxector, de xeito que os contidos almacenados na mesma poderán verse proxectados nun tamaño de ata 50 polgadas.
A BenQ DV-S11 tamén permite tomar imaxes a 5 Mpíxeles, conta con zoom dixital de 10x, saída HDMI e pantalla táctil LCD de 3,5 polgadas. Estará dispoñible a finais de mes en Europa en 3 cores (vermello, laranxa e negro).

O pico-proxector da BenQ DV-S11 permite amosar os seus contidos a un tamaño de ata 50 polgadas

PUBLICIDADE