BenQ CT2200, un equipo todo-en-un baseado en Android
mércores, 15 de maio do 2013
Nun momento nos que os tablets están a converterse nos
produtos de maior crecemento no mercado da electrónica de consumo, BenQ fai
unha interesante achega cunha orientación diferente a través da súa pantalla CT2200,
que cun panel táctil de 21,5 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles
preséntase como un dispositivo con Android 4.0.4, de xeito que estariamos nunha
especie de todo-en-un baseado no sistema operativo de Google, o que tamén
poderiamos ver como un tablet de
escritorio.
Este curioso equipo funciona cun procesador Cortex A9 de dobre núcleo, 1 Gb de
RAM e 8 Gb de almacenamento interno, está doado con altofalantes estéreo, 2
portos USB e un porto micro USB, toma de auriculares, webcam de 1,2 MpÃxeles, lector
de tarxetas microSD, saÃda de vÃdeo micro HDMI, conector Ethernet e Wi-Fi N,
que poderiamos ver como un tablet xigante se non fose polo seu peso de máis de
5 quilogramos. Tamén inclúe un pé que permite a súa colocación como un monitor
estándar ou inclinalo para permitir un uso táctil máis cómodo.
Este tipo de produto está pensado para acceder ás numerosas aplicacións de
Google Play dun xeito semellante a como vemos un ordenador hoxe en dÃa,
facilitando tamén a exploración de coleccións fotográficas, o acceso a
ficheiros na nube, a realización de videoconferencias dun xeito cómodo e doado,
ver vÃdeos en liña e moitos outros usos, que incluso poderÃan levarse ao salón
da fogar grazas á posibilidade de empregar un móbil ou tablet como mando a distancia
ou como fonte de contidos multimedia a reproducir nunha pantalla dun tamaño
suficiente que facilite a súa visualización no ámbito familiar.
- O BenQ CT2200 pode inclinarse para facilitar o uso da súa pantalla táctil