Bayonetta estreará demo o 3 de decembro
luns, 23 de novembro do 2009
As puntuacións
que as revistas especializadas están a dar ao xogo Bayonetta non fai máis que pór os dentes longos aos afeccionados
aos videoxogos, pois a xaponesa Famitsu cualificouno cun 40 sobre 40, mentres
que a británica EDGE deulle un 10 sobre 10, pero os europeos non teremos por
qué agardar ao 8 de xaneiro para mercar este tÃtulo para Xbox 360 e PlayStation
3 para saber se dá a talla, posto que SEGA vén de anunciar que o
vindeiro 3 de decembro estrearán unha versión de demostración do xogo
no Bazar de Xbox LIVE e na PlayStation Network.